PERIODO DE ADAPTACIÓN
O PERIODO DE ADAPTACIÓN
O período de adaptación é unha parte moi importante para a incorporación do nen@ á escola. Non se debe tratar coma unha crise do desenvolvemento, senón coma un momento difícil dentro de este proceso. O Equipo Educativo ao completo, é consciente disto e ten especial coidado neste período.
Esta adaptación do nen@ á escola pode ser custosa dado que lle supón un grande esforzo aceptar a nova realidade na que se ve inmerso que lle é totalmente descoñecida. Non vos debedes impresionar se os vosos pequenos comezan a ter rabietas, prontos, choros, etc.. é dicir, respostas distintas as habituais.
Non hai receitas máxicas para a adaptación pero podemos empregar algunhas pautas para que sexa o máis agradable posible, como por exemplo:
a) Comezar o cambio das rutinas de sono,
b) Non mentirlles con frases como: “vou a compra e xa veño por ti” ou “vou o coche a coller as chaves e volvo”.
c) Non prolongar as despedidas.
d) Non deixalo con medo, ou en tensión, xa que o neno o nota e pensará que queda en mal lugar.
Nestes primeiro contactos coa escola poderán traer algún obxeto (peluche, coche, libro, etc..) co que se sintan seguros,
É importante a comunicación escola-casa, xa que comprendemos que non só o nen@ sofre un cambio, senón tamén vós, así que preguntarlle calquera dúbida que teñades sen ningún tipo de medo, xa que se o nen@ ve confianza e complicidade quedará mais tranquilo na escola e o mesmo tempo vós marcharedes máis tranquilos.
AGARDÁMOSVOS!!!