Horario

A escola estará aberta de luns a venres con horario de 7:30 a 17.30 (con posibilidade de abrir ata as 20:30h). Dependendo da demanda existente, existe a posibilidade de que o centro abra os sábados de 9.30 a 13.30 (dependendo dos pais que o soliciten).

 

Nos meses de xullo e agosto o horario será establecido en función das necesidades das familias e das posibilidades da escola. O centro soamente permanecerá aberto en agosto se hai 15 ou mais solicitudes.

 

Cada alumno disfrutará de un mes ó ano de vacacións, que deberá ser comunicado ó centro en canto sexa posible. O resto dos meses do curso deberán ser abonados ó Centro.

 

O horario para alumnado poderá ser de XORNADA CONTINUA - de mañá ou de tarde - ou de XORNADA PARTIDA.                                                                       Na medida do posible rógase evitar entradas e saídas entre as 9.30 e as 12:00 pola mañá.

Se fose necesario un horario con quendas de mañá ou de tarde, podería ser estudado pola dirección.

O alumnado non poderá permanecer no centro máis de oito horas ao día, salvo causa xustificada.

 

Os horarios contratados deberán ser respectados escrupulosamente. Esto aplica tamén ós horarios de comidas de papas e enteiros que abarca das 12:30 á 13:30.

Calquera variación terá que ser comunicada con antelación (como mínimo un mes antes do cambio). De acordo co horario elixido observarase a máxima puntualidade.

 

Os nenos/as serán recollidos por alguén da familia ou por algunha persoa debidamente autorizada e acreditada por ela, logo de avisar ao centro.

A escola permanecerá pechada todos os días festivos que indique o calendario laboral.

 

.