Instalacións

A escola conta cunha superficie de 150m2 por planta ;con acceso con escaleiras entre plantas e ascensor entre o semisótano e baixocuberta distribuída da seguinte maneira: A escola, consta de 6 aulas , unha de 0 a 1 anos 32m2, unha de 1 a 2 anos de 30m2 e tres de 2 a 3 anos de 40m2 cada unha.

Na planta baixa: recepción, aula de bebés coa súa sala de berces, dúas aulas de 1 a 2 anos que dan ao patio exterior cun aseo compartido, unha sala de usos múltiples (comedor, sala dormitorio e patio interior) con aseo compartido co patio exterior.

Na 1ª planta: tres aulas de 2 a 3 anos con dous aseos compartidos (entre dúas aulas) e cunha escaleira de emerxencia que dá ao patio exterior.

Baixocuberta: despacho; aseo ; sala de mestres e material; e terraza.

Semisótano: Taquillas dos mestres e aseo, aseo de minusválidos, usos múltiples (festas, reunións, etc.),instalacións, un almacén e unha cociña coa súa despensa e levantapratos, etc.