Normas
- MATERIAL A TRAER DA CASA
- Material do alumnado da aula de bebés:
- Bolsa identificada co seu nome
- Manta e saba
- Unha muda interior e outra exterior, que pode ser pixama. Un par de calcetíns.
- Opcional: babeiro (na escola hai babeiros de plástico)
- Unha esponxa e unha toalla tamaño ducha
- Un paquete grande de cueiros
- Un paquete de toalliñas desbotables
- Bálsamo ou crema para as irritacións
- Chupete con portachupete e cadea (para quedar na escola)
- Un biberón para leite, outro para auga
- Un gorro para estar fóra os días de sol e crema protectora
- Tres fotos carné
- Material dos nenos das clases de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos:
- Manta e saba
- Bolsa identificada co seu nome
- Mandilón de libre elección
- Dúas mudas interiores e outras dúas exteriores. Calcetíns e zapatos.
- Un paquete de cueiros, se non controla os esfínteres.
- Un paquete de toalliñas desbotables
- Bálsamo ou crema para as irritacións
- Cepillo de dentes e dentífrico
- Chupete e portachupete, se é necesario para a sesta (para quedar na escola)
- Un par de zapatillas para estar na aula (*)
- Un gorro para estar fóra os días de sol e crema protectora
- Tres fotos carné
Para asistir ao centro a roupa debe ser cómoda e permitir que se vallan por si mesmos ao ir ao baño. Non deben traer pantalón de peto. Aconséllase o uso de chándal.
Todo o material deberá estar identificado co nome.
(*) Para salvaguardar a hixiene nas aulas, non se permitirá o acceso ás mesmas con calzado de exterior.
- ASPECTOS SANITARIOS
Para a admisión no centro é necesario dispoñer da cartilla sanitaria e ter cumprido co calendario de vacinacións, do cal traerán unha fotocopia ao centro.
Cando un neno/a se poña enfermo no centro (se ten máis de 37,5ºC de temperatura), avisarase á familia para que o recollan.
Os nenos/as non deben vir á escola cando se sospeite a incubación dunha enfermidade contaxiosa, ou exista risco de contaxio.
Para que o centro se faga cargo da administración dun medicamento, será necesario presentar a receita actualizada na que se especifique a necesidade de administrar o fármaco, a dose e a frecuencia. As familias asinarán tamén unha autorización.
- NORMAS DE ALIMENTACIÓN
- Lactantes: deberá comunicarse por escrito ao centro a dieta alimenticia e as horas das tomas. Ademais entregarán copia das indicacións do pediatra para a introdución dos distintos alimentos.
- Nenos/ás non lactantes tomarán os menús elaborados no centro (papa ou enteiro), tanto no almorzo como na comida e na merenda. Ofrecerase unha dieta equilibrada e de elaboración caseira.
- Os menús serán de coidada elaboración seguindo as mellores pautas dietéticas, baseados na dieta mediterránea, con abundancia de froitas e verduras.
- As preparacións culinarias se modificarán cando sexa preciso para facilitar a deglución d@s nen@s.
- Os produtos a utilizar serán de calidade. Peixe branco. Aceite de oliva virxe extra. Carne de tenreira galega. Sopas con caldo limpo de carnes e verduras. Os zumes naturais serán feitos no momento. A froita será variada, do tempo e de alta calidade.
- A media mañá todos @s nen@s tomarán un zume de laranxa natural e un pequeno bocadillo.
- Cada mes informarase ás familias dos menús de almorzo, xantar e merenda a través da web e no taboleiro de anuncios da escola.
- Existe a posibilidade de elaborar dietas especiais nos casos que en sexa preciso. Procurar avisar antes das 9:30 da mañá.
- Se un neno/a é alérxico a algún alimento deberase informar por escrito á dirección. As axudas especiais comunicaranse no momento de ingreso no centro.
- Os servizos eventuais de comedor solicitaranse no momento de deixar ao neno/a na escola.
- O centro non admite alimentos traídos de casa, salvo circunstancias especiais e previa comunicación á dirección. Non se admite que se traian lambetadas.
Os días dos menús poderán ser intercambiados de xurdir algún problema con algún tipo de alimento
- Factura
Entregarase factura, con desglose dos servizos incluídos.
- Réxime de reserva de praza
A reserva de praza serán descontada nas primeiras mensualidades das comidas.
No caso de causar baixa na escola, perderase o dereito de praza e será necesario o pago da matrícula de novo no caso de reincorporación.